A Liga, máis preto para Ribadeo tras unha xornada na que Terra Chá logrou a primeira vitoria

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

CB RIBADEO 82 – ENSINO 02 71

TERRAS DA MARIÑA 43 – TERRA CHÁ 52

SAN CIPRIÁN 47 – CB CELTAS 28

 

O CB Ribadeo venceu ao Ensino 02 nun duelo directo que pode acabar sendo decisivo para o título de Liga, á que lle quedan tres partidos por disputar. As ribadenses, que xa gañaran na ida, aseguraron o basketaverage fronte as capitalinas, coas que agora mesmo empatan a 11 vitorias. As mariñás contan ademais cun comodín, xa que teñen un partido menos.
Este golpe á Liga chegou nun partido desequilibrado pola superioridade física das pívots ribadenses, Fátima, Irene e Sara, infalibles baixo a canastra. O encontro disputouse coa máxima intensidade por parte dos dous equipos, conscientes do que se xogaban, e o equlibrio mantívose ata o último cuarto no que Ensino se atascou en ataque, propiciando que as ribadenses levanse a diferenza ata os 20 puntos. Tras os primeiros minutos de sequía anotadora, as capitalinas, que malia o descontento coa arbitraxe se resistiron a dar o partido por perdido, puideron achegarse no marcador, ata poñerse a oito puntos.
O duelo directo pola Liga quitoulle protagonismo a primeira vitoria do Terra Chá, que se impuxo a Terras da Mariña. As chairegas puxeron moito máis empeño no triunfo e lográrono tras poñer o partido de cara no segundo cuarto cun parcial de 6-17. No outro encontro disputado esta fin de semana, o San Ciprián venceu a un Celtas que, malia a diferenza física entre os equipos, non se amilanou e mantivo o equilibrio ata o último cuarto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu