A Liga infantil masculina estará entre Cidade de Lugo e San Ciprián

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAN CIPRIÁN 65 – ELEVADORES 35

PORTA XI 48 – SANEAMIENTOS 20

CB VIVEIRO 27 – CIDADE 67

ESTUDIANTES 05 6 – SAGRADO 56

 

O San Ciprián impúxose a AG Elevadores nun partido marcado pola diferenza física entre os dous equipos, acrecentada pola falta de rotacións dos sarriaos. Así, malia que no primeiro cuarto se mantivo o equilibrio, 17-12, co paso dos minutos a superioridade dos mariñaos foise impoñendo, 20-6 no segundo parcial e 15-5 no terceiro. No cuarto, de ritmo máis pausado, os visitantes tiveron máis opcións, 15-12.
O Porta XI sumou ante Saneamientos CB Sarria a súa quinta vitoria. Tras un primeiro periodo igualado os ensinistas subiron o nivel defensivo e desequilibraron o encontro finalizando contraataques tras recuperacións.
Tamén gañou o líder, Cidade de Lugo, que se mantén invicto tras impoñerse en Viveiro. Os de Christian lograron axiña as primieras vantaxes anotando fácil e dando poucas opcións ao rival. A diferenza ao descanso, 11-35, deixaba o encontro practicamente pechado para os capitalinos.
O partido máis desequilibrado foi o que disputaron Estudiantes 05 e Sagrado Corazón. A diferenza física, e un equipo estudiantil máis frouxo do habitual, fixeron que o encontro quedase resolto ao descanso, 6-56.
O partido entre CB Celtas e Estudiantes 04, que completaría a xornada, foi suspendido polo temporal, coma o resto dos previstos para o pasado domingo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu