A Liga infantil feminina entra no sprint final con CB Burela 04 como líder destacado

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

CB VIVEIRO 59 – BURELA 05 45

NSN 04 33 – CB SARRIA 37

A falta de catro xornadas para o final da competición, todas as quinielas apuntan ao CB Burela 04 como campión, pero o CB Viveiro non parece disposto a deixar que o sprint final sexa un camiño de rosas para as líderes.
Así o demostrou no partido deste sábado ante o CB Burela 05, onde ademais de sumar unha vitoria que lle permite manter opcións matemáticas de loitar pola primeira praza, mostrou un gran xogo colectivo, materia pendente esta temporada para o equipo de Mariluz.
Nunha primeira parte igualada, o CB Burela 05 conseguiu ir ao descanso cunha vantaxe mínima tras parciais de 11-14 e 11-10, pero o gran terceiro cuarto das locais, 18-8, deulle un xiro definitivo ao encontro, que acabaron gañando sen sufrir.
No outro partido da xornada disputado na fin de semana, NSN 04 e MGR CB Sarria asinaron un cara a cara moi igualdado no que a diferenza no marcador nunca superou os cinco puntos.
As sarriás levaron a vitoria nos últimos minutos nos que fixeron un gran esforzo defensivo para decantar o encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu