O liderado da competición estará en xogo na próxima cita

En 1ª División, Alevín

IAGO CASTRO – Estudiantes

“Orgulloso de un equipo con una implicación ejemplar. Seguimos trabajando con ilusión”

BBCA 43 – ESTUDIANTES 93

Estudiantes vaise consolidando como grupo neste inicio de temporada. O partido contra BBCA Praia de Ponzos acreditou que o de Iago Castro é un equipo cada vez máis compacto e entonado.
Os celestes , moi superiores fisicamente, dominaron o rebote nos dous aros e defenderon ben as situacións de un para un, ao tempo que circularon ben o balón en ataque, creando superioridades nos contraataques e tamén tiros exteriores liberados.
Con Estudiantes despregando o seu amplo abano de recursos, os ferroláns, que aínda non gañaron ningún encontro, pouco puideron facer.
Os parciais de 4-20, 9-19 e 11-17 nos tres primeiros períodos reflectían a clara superioridade dos lucenses, que non baixaron a garda e seguiron aumentando a súa renda ata o final do partido.
A vindeira semana os de Iago Castro disputaranlle o liderado da Liga ao Montrove, que encabeza a clasificación con tres vitorias.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu