O liderado para Cidade de Lugo, premio a un equipo á alza

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

CRISTIAN MARTÍN – Cidade de Lugo

“Estamos en nuestro mejor momento, tenemos mucha hambre y confianza como grupo. Gran partido del equipo”

CIDADE DE LUGO 66 – ARTAI 56

Golpe de autoridade do Cidade de Lugo na fase de ascenso á Liga Galega infantil. Os de Cristian Martín asaltaron o primeiro posto tras impoñerse ao favorito no Pazo, onde presentaron a súa candidatura ao salto de categoría.
A posta en escena estivo marcada polos nervios dos lucenses, pero co paso dos minutos mostraron o gran estado de forma polo que atravesan e, cun xogo colectivo brillante, foron desnivelando a balanza ao seu favor.
Artai presentouse en Lugo co cartel de invicto esta tempada, e demostrouno nos primeiros compases do xogo cunha primeira liña de presión moi boa e secando os principais focos de anotación de Cidade. De aí a que tomasen o mando no marcador nos primeiros dez minutos, 13-16.
Artai mantivo a dianteira nos sete primeiros minutos do segundo parcial, pero lonxe de cohibirse, Cidade deu un paso á fronte cando peor pintaban as cousas. No ecuador do segundo cuarto a diferenza era de máis dez para os visitantes, pero tras un tempo morto Cidade variou o rumbo do encontro.
Crecendo desde a defensa, cunha presión alta e efectiva, o ataque lucense tamén mellorou ata o punto de darlle a volta ao marcador cun parcial de 19-13 para chegar con vantaxe ao descanso, 32-29.
A dinámica ascendente continuou na segunda parte, na que Cidade dominou o xogo ofensivo e defensivo, chegando a dispoñer dunha renda de 15 puntos de vantaxe. A partir de aí, souberon manter as distancias ante un Artai que tirou de casta para meterse no partido, pero nunca puido poñer en dúbida o triunfo lucense.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu