O liderado celeste ponse a proba cunha gran vitoria ante BBCA

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Estamos aprendiendo a sufrir y eso nos hace crecer como equipo”

BBCA 55 – ESTUDIANTES 61

Estudiantes saíu airoso do primeiro exame importante que afrontan as de Julia Pena nunha competición na que poñen a proba a súa impecable folla de ruta neste esixente final de ano, xa que tras impoñerse en Ferrol, despois da xornada de descanso da próxima fin de semana as lucenses recibirán a Peleteiro para despedir o ano nun duelo dos dous únicos invictos.
En Ferrol, Estudiantes tomou o mando desde os primeiros minutos cunha efectiva presión que propiciou canastras fáciles tras roubo. 14-20 no primeiro cuarto. Xa no segundo, Estudiantes perdeu un pouco o control nun cuarto de intercambio de canastras, 15-17 para chegar ao descanso con 29-37.
Na segunda parte o conxunto celeste pasou posiblemente polo seu peor momento da tempada. O acerto de local en tiro exterior e o dominio no rebote propiciou que Culleredo lle dese a volta ao marcador. A partir de aí as lucenses sacaron un carácter digno de admirar, e da man dunha Enma moi acertada no último cuarto e co dominio no rebote de Candela, Estudiantes recuperou o pulso e fíxose cunha traballada e merecida vitoria.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu