O líder cae no Anexo ante Estudiantes nun encontro adiantado

En 1ª División, Alevín

IAGO CASTRO – Estudiantes

“El equipo compitió y dominó el partido gracias a la cohesión y a la ilusión. Muy orgulloso de este grupo”I

ESTUDIANTES 58 – MONTROVE 52

Estudiantes Lugo confirmou que pode chegar moi lonxe nesta Liga tras impoñerse ao Montrove, líder invicto ata o seu paso polo Anexo. nun encontro que se disputou adiantado a esta xornada.
Nun partido marcado pola competitividade dos dous equipos, os celestes levaron sempre a iniciativa no marcador.
Cunha boa defensa, asumindo cada xogador a súa responsabilidade individual nas situacións de un para un, e con axudas cando era necesario, o equipo de Iago Castro conseguiu frear o potencial ofensivo dos coruñeses, que chegaban a Lugo tras impoñerse, a pasada xornada, a outro dos galos da categoría, o Baloncesto Narón.
Os lucenses, moi motivados pola entidade da cita, acompañaron a súa solidariedade e cohesión en defensa cunha alta porcentaxe de anotación en accións en contraataque. Baixo o aro os celestes controlaron o rebote ofensivo polo que tamén puideron anotar canastras importantes en segundas opcións.
O acerto exterior foi outra das claves do partido, xa que os de Iago Castro 27 anotaron puntos dos 58 desde a liña de tres.
As triplas permitíronlles tomar pequenas vantaxes en situacións nas que o marcador se axustaba, polo que Montrove foi sempre a remolque no marcador.
Estudiantes mantense no alto da táboa tras afrontar dous dos partidos a priori máis esixentes da Liga, contra Montrove e Baloncesto Narón.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu