Júnior Provincial Feminino | 30-31 Marzo

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

Ribadeo alimenta o soño do ascenso

PONTUMIO 51 – RIBADEO 55

A posiblidade do Ascenso está máis cerca para o Ribadeo. A vitoria ante Pontumio e a derrota das coruñesas ante BBCA fai que, de gañar a próxima semana, cheguen ao duelo directo da ultima xornada con opcións de loitar polo ascenso.
As de Jose seguen co rumbo fixo despois de gañar a Pontumio. As locais formularon unha defensa presionante moi activa que, por fases, puxo en dificultades ás ribadenses. As lesións de Fátima e Irene complicaron aínda máis o escenario para as visitantes que, con todo, conseguiron ir ao descanso cunha vantaxe de 11 puntos, 20-31. A contribución de Sara en ataque e a gran defensa de Julia sobre a xogadora máis perigosa do equipo local foron decisivas. Na segunda metade as de Pontedeume subiron a agresividade defensiva sen factura en canto as decisións arbitrais e foron recurtando distancias. Nuns minutos finais tensos, as de Jose tiveron o oficio necesario para asegurar un triunfo que alimenta o soño do ascenso.

 

As porcentaxes de acerto non eclipsan o bo xogo

ENSINO 36 – BASQUET CORUÑA 43

O Ensino, pese a caer ante o líder de grupo, deixou boas sensacións sobre a pista nun partido no que as baixas porcentaxes de acerto no tiro evitaron que puidesen loitar pola vitoria no Anexo.
Basquet Coruña presumiblemente xogarase na última xornada o ascenso á Liga Galega júnior feminina con Ribadeo, un rival ante o que o Ensino demostrou que está a un gran nivel.
Nos primeiros minutos as lucenses foron mellores, pero faltou esa pizca de fortuna no tiro para que se vise reflectido no marcador. Chegando ao descanso nove abaixo, 12-21 tras un segundo parcial no que as defensas impuxéronse aos ataques.
Na segunda parte a calidade das herculinas saíu ao rescate de Basquet Coruña, con varios triplos sobre a bocina en situacións ben defendidas por Ensino cos que mantiveron a vantaxe no marcador ata chegar ao último parcial no que, cunha defensa a toda pista, Estudiantes obrigou ao seu rival a ofrecer o seu mellor nivel para alzarse coa vitoria no Anexo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu