Junior Masculino Provincial | 15-16 decembro

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

O derbi polo liderado entre Sagrado Corazón e Estudiantes resolveuse cunha vitoria para os de Óscar Engroba, que se afianzan no liderado do grupo. A partir do segundo cuarto os locais conseguiron contrarrestar con intensidade os centímetros demais dos celestes e adxudicáronse o triunfo. Os de Óscar Engroba devolvéronlle a moeda aos celestes, que gañaran o encontro da primeira volta, tamén por 9 puntos.
A xornada completouse con vitorias de CB Viveiro, nun derbi gris con moi poucos puntos ante o Burela, e do CB Ría de Ribadeo, que se impuxo ao Cidade de Lugo. O esforzo colectivo dos ribadenses fixo que as baixas de Alberto e Gautama, dous dos xogadores máis determinantes do equipo, non pasasen factura.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu