Junior 2ª Feminino | 27-28 outubro

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

Segunda vitoria do Ribadeo, que dobregou ao BBCA en Ferrol con varias cadetes suplindo as notables ausencias de Fátima e María. O encontro foi disputado e con alternativas no marcador ata final. Así, no último cuarto BBCA foise ata os oito puntos de vantaxe, pero o Ribadeo tirou de casta e recurtou distancias minuto a minuto ata poñerse un por debaixo. Quedaban 14 segundos que foron épicos, con tiros libres fallados contrarrestados con incribles rebotes ofensivos de Ana Canel e Irene, e culminados cunha vitoria que sabe a moito máis que dous puntos en Ribadeo.
As de Jose Vázquez empatan a triunfos no alto da táboa co KFC Culle, un rival que se mediu no Anexo ao Ensino. As lucenses quixeron pero non puideron salvar o avultado marcador co que chegaron ao descanso tras un mala primeira metade, 16-44.
O San Ciprián anotouse a primeira vitoria tras impoñerse ao Terra Chá nun partido no que faltaron canastras.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu