Irregular encontro dos celestes pese a sumar outra vitoria

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

JAVIER PEINÓ – Estudiantes

“A pesar de la victoria, el partido no es bueno. Con esta tensión en los partidos pronto nos llevaremos un susto”

NARÓN 54 – ESTUDIANTES 81

Estudiantes sumou unha nova vitoria. Nesta ocasión en Narón nun partido con moitos altibaixos dos celestes.
A falta de intensidade nos primeiros minutos viuse reflectida no marcador cun parcial inicial a favor dos locais, 10-2. Con todo, a carga de faltas do mellor xogador de Narón ata o momento levouno ao banquiño e isto serviu para que Estudiantes lle dese a volta ao electrónico, pechando o primeiro parcial con vantaxe, 12-17.
No segundo os lucenses tiveron bos momentos en defensa, disparando a renda no marcador. Con todo, no tramo final da primeira parte volveu a relaxación que desconectou a Estudiantes do partido e Narón puido maquillar un pouco o resultado.
Con 25-42 iniciouse a segunda parte na que Estudiantes empezou moi ben e sentenciou definitivamente o encontro cun parcial de 9-16 no que a defensa estivo a unha gran altura, todo o contrario sucedeu nos últimos dez minutos nos que de novo a relaxación atrás fixo que Narón anotase 20 puntos, algo que ante equipos de máis potencial pode ser determinante e costar un disgusto máis serio.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu