Instalado o ADN Maristas

En 1ª División, Alevín

Os de Óscar Engroba loitaron ata o último segundo de competición nunha nova mostra de compromiso e melloría como equipo

 

KFC CULLE 83 – MARISTAS 75

Un dos equipos de baloncesto base que máis progresou ao longo da tempada na Provincial é sen dúbida o de Maristas de minibasket.A despedida era en grao sumo esixente, pero lonxe de deixarse levar, os de Óscar Engroba loitaron ata o último segundo de partido e tempada, poñendo contra as cordas a un Culle que non perdeu ningún dos encontros que disputou en casa ao longo de toda a segunda fase.
Cunha xeración íntegra de primeiro ano, a de Maristas, competindo ante un rival de máis idade e máis físico, podería entrar na lóxica baixar os brazos, pero o ADN competitivo xa está instalado no equipo.
Na primeira parte os lucenses saíron ben da presión, atacaron coas ideas claras e defenderon con intensidade. Froito diso Maristas chegou ao descanso con vantaxe no electrónico, 42-43.
Na segunda parte o quinteto máis físico local castigou aos colexiais e Culle tomou o mando no marcador, pero tivo que loitar ata o último minuto para evitar a remontada dun insistente Maristas.

 

“Disputamos un gran partido hasta el final para poner un gran broche a unha gran temporada en la que todos mejoramos muchísimo” ÓSCAR ENGROBA Maristas

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu