Infantil Provincial | 30-31 Marzo

En 2ª División, 2ª División, Infantil, Infantil Feminino, Infantil Masculino

O Cafés Candelas Ensino segue metendo presión ao Sagrado Corazón no máis alto da clasificación. Os de Alfonso Franco necesitan un tropezo dos de Engroba para poder ser campións ao ter o average en contra.
O Ensino impúxose a Cidade de Lugo nun partido que empezaron cun ritmo moi alto e impoñéndose nos un para un para tomar unha vantaxe no primeiro parcial de 9-24 que xa foi determinante.
Pola súa banda Rubén Engroba repartiu minutos para cada quintento que puxo en pista con cinco para cada un nun primeiro cuarto no que, cun xogo brillante, tamén sentenciaron o partido cun parcial inicial de 11-36.
Máis complicacións tivo o terceiro clasificado, Martínez Otero Celtas, no derbi que lle mediu con Viveiro ao impoñerse cun axustado 49-51 no que os locais acariñaron unha das sorpresas da xornada.
En Novo Chanto o Ría de Ribadeo tamén exerceu a súa superioridade no primeiro cuarto, endosando un parcial inicial de 6-23 a Elevadores Sarria, mentres que no outro encontro da xornada disputado en Novo Chanto, MGR Sarria resarciuse da derrota da primeira volta ante Franciscanos impoñéndose en todos os parciais aos capitalinos, 12-8, 24-9, 14-4 e 15-10.
O rebote foi unha das claves na vitoria de Estudiantes 05 en Burela, onde os de Manolo Cobas volveron conceder segundas e ata terceiras opcións aos celestes nun partido que gañou Estudiantes por 15 puntos.

2ª División Feminina
O Ensino Lugo estreou a súa condición de campión da Liga regular cunha nova vitoria, e xa van 15 consecutivas. O conxunto que dirixe Aigor Romo volveu ter un xogo coral moi difícil de contrarrestar nesta categoría, algo que intentará facer Burela na final polo título Provincial. As de Carlos Madar afinaron a súa posta a punto para esa cita cun KO ante Terras da Mariña en Vista Alegre.
O partido máis igualado da xornada disputouse en Frigsa, onde Franciscanos se impuxo a Saneamientos Sarria por un só punto nun encontro no que as se Maisa foron a remolque no marcador ao conceder segundas e ata terceiras opcións, pero chegaron con vida ao último parcial no que asediaron a un Franciscanos, que se mantivo en pé.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu