Infantil Masculino Provincial | 24-25 Novembro

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

Julián segue abraiando ao baloncesto base lucense. 53 puntos ante Estudiantes 05 é o último rexistro do 9 de Sagrado Corazón, que marcou as diferenzas ante os celestes. As individualidades foron chave nun triunfo que deixa aos de Rubén Engroba como líderes en solitario con cinco vitorias noutras tantas xornadas.
Catro suman CB Ría de Ribadeo, Ensino e Cidade de Lugo, que o seguen na clasificación. Os da Mariña foron os que máis sufriron para gañar ante un MGR CB Sarria, que quería aproveitar a ocasión para alinearse cos equipos da cima da táboa. Os de Javi Moya pelexaron polo triunfo ata o final apurando as súas opcións no último cuarto. Subiron unha marcha en defensa e loitaron por cada rebote dificultando o xogo do Ribadeo que, con todo, aguantou o resultado facendo valer os parciais do segundo e terceiro cuarto.
CB Celtas e CB Viveiro protagonizaron as outras vitorias da xornada na liga infantil masculina. Terceiro triunfo para os de Foz, que atoparon a un Estudiantes 06 moi combativo en Marzán e segundo para os viveirenses, que despois de impoñerse nos tres primeiros cuartos acabaron sufrindo para manter a vantaxe ante Franciscanos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu