Infantil Masculino Provincial | 15-16 decembro

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

O Cafés Candelas Ensino anotouse con autoridade o enfrontamento a priori máis axustado da xornada ante Cidade de Lugo. Os dous equipo chegaban ao derbi igualados a seis vitorias, pero a efectividade no tiro exterior catapultou aos ensinistas que xa dispoñían dunha renda definitiva ao descanso, 39-8.
Pola contra, o derbi mariñao entre CB Celtas e CB Viveiro, con traxectorias dispares no que vai de temporada, resultou un dos partidos máis igualados. Os viveirenses despediron o ano cos mellores minutos da temporada e incomodaron a un Celtas que, co triunfo, sobe á terceira praza.
Tamen foi equilibrado o encontro entre Estudiantes 05 e CB Burela, instalados na zona media da táboa. Gañaron os estudiantís, que marcaron as diferenzas grazas ao seu poderío no rebote ofensivo.
Franciscanos remata 2018 con dúas vitorias no casilleiro tras impoñerse ao MGR Sarria nun partido no que, a partir do primeiro cuarto cun parcial favorable aos visitantes, os capitalinos estiveron máis enchufados. A súa fame de triunfo levounos á vitoria final nos últimos minutos do encontro.
CB Ribadeo e Sagrado Corazón tamén sumaron dous puntos máis na derradeira xornada do ano. Os ribadenses venceron a Elevadores que, malia ter o partido moi costa arriba, non baixaron os brazos e, na segunda metade, maquillou o resultado. Os capitalinos cumpriron co guión ante Estudiantes 06 e mantéñense como líderes invictos da categoría.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu