Infantil Masculino 2ª | 1-2 Decembro

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

Sagrado Corazón gañou o único encontro entre rivais da zona alta da pasada xornada. A presión de afrontar un choque directo notouse na ansiedade que os dous conxuntos amosaron en fases do partido. O encontro entrou no último cuarto con todo por decidir despois dunha primeira parte de dominio alterno e un terceiro cuarto de máxima igualdade. No treito decisivo, Sagrado deu coa chave para saír da presión ribadense e atopar tiros fáciles cos que marcar as diferenzas cun parcial de 11-27 no derradeiro periodo.
Ensino e Cidade de Lugo seguen sumando triunfos -levan seis en sete encontros- tras impoñerse con comodidade a CB Viveiro e Franciscanos. Á volta do parón pola ponte festiva, terán a ocasión de desfacer o empate cun duelo directo no Anexo.
CB Celtas e MGR Sarria asómanse ao podio tras gañar a Academia A Mariña CB Burela e AG Elevadores CB Sarria, tamén con autoridade.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu