Infantil Feminino Provincial | 15-16 decembro

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

Na liga feminina CB Burela e Ensino Lugo manteñen a súa hexemonía na clasificación tras sumar cadansúa vitoria a pasada fin de semana. Dous triunfos cómodos para primeiro e segundo clasificado.
Tamén gañaron con autoridade Estudiantes e Galén Ensino.
As estudiantís foron aumentando a súa renda aos poucos ante Cidade de Lugo, ata o 25-46 final.
As ensinistas, pola súa banda, mantiveron nunha segunda parte máis equilibrada a ventaxa que lograran na primeira, 10-31 ao descanso.
As competicións volven tras as vacacións de Nadal, na fin de semana do 12 e 13 de xaneiro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu