Infantil Feminino 2ª | 1-2 Decembro

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

A folgada vitoria de Ensino, que segue invicto, ante o Terras da Mariña, foi a excepción nunha xornada marcada pola igualdade, denominador común dos outros tres encontros da fin de semana.
O Academia A Mariña CB Burela impúxose a Franciscanos con seis puntos de vantaxe nun partido no que o resultado pasou a un segundo plano tras a lesión de Sara, que sufriu un forte golpe na cabeza.
Saneamientos CB Sarria perdeu a imbatibilidade ante Estudiantes Lugo, que chegou ao Chanto con só unha vitoria, pero que creu máis nas súas opcións no treito final dun partido no que as locais foron a remolque tras un mal primeiro cuarto.
Na zona baixa da táboa o CB Viveiro logrou ante Cidade de Lugo o primeiro triunfo da temporada, con Helena capitaneando ao equipo. As da Mariña xestionaron mellor as emocións no axustado último cuarto e levaron o triunfo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu