Infantil 2ª Masculino | 27-28 outubro

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

Sagrado Corazón e MG Sarria debutaron esta fin de semana despois de aprazaren o partido da primeira xornada, e os dous comezaron con bo pé, anotándose as primeiras vitorias. Os capitalinos impuxéronse ao Elevadores CB Sarria cunha exhibición anotadora de Pablo, autor de 46 puntos, nun partido marcado pola falta de efectivos nun e outro banco. Os de Javi Moya venceron a un Estudiantes 06 combativo que se viu superado no último período pola intensidade defensiva dos locais, que anotaron moitos tiros liberados aumentando a diferenza.
Cidade de Lugo, Estudiantes 05 e Ensino volveron gañar os seus encontros e sitúanse no podio da táboa con dúas vitorias en partidos disputados, especialmente o que mediu aos ensinistas co Celtas Foz. Os capitalinos comezaron mellor, 37-24 ao descanso, pero tras o paso polos vestiarios o Foz meteu unha marcha máis en defensa e buscou aos xogadores máis altos ata darlle a volta ao marcador. Ensino reaccionou nos últimos minutos do terceiro cuarto e recuperou a vantaxe perdida. Pola súa parte, Ribadeo logrou no derbi mariñao ante Viveiro a primeira vitoria.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu