Ilusionante debut do Estudiantes masculino

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

Frenético ritmo de xogo dos de Javi Peinó no Anexo que de mantelo, esta xeración volverá ser aspirante a todo

Estudiantes Lugo exhibiu o seu fondo de armario no primeiro encontro da tempada e ante un gran rival como foi Rosalía, no Anexo. Con todo, os composteláns, a pesar de vender cara a derrota, foron incapaces de manter o listón esixido polos de Javi Peinó ao longo dos corenta minutos de xogo.
O encontro empezou de forma frenética, con moita intensidade, calidade e acerto, de aí que o primeiro parcial se pechase cun avultado 26-24.
Como era de esperar, o ritmo baixou un pouco no segundo cuarto, xa que as defensas de ambos equipos empezaron a axustarse. Na recta final da primeira parte Estudiantes conseguiu unha pequena renda de oito puntos para chegar con vantaxe ao descanso, 47-39.
A posta en escena de Estudiantes na segunda parte foi moi boa e con iso chegaron diferenzas que roldaban os 15 puntos. Pero Rosalía tamén demostrou ser un gran equipo e os composteláns reaccionaron cun bo parcial para que non rompese o encontro, e volvéronse a poñer a tan só seis puntos por momentos.
Con máis nove arrincou o último cuarto, no que o fondo de armario celeste foi un dos factores desnivelantes nun equipo no que todos son capaces de achegar en ataque e en defensa, algo que nos finais de partido, coas forzas máis xustas, será unha baza a favor para os de Javi Peinó ao longo da tempada.
Rosalía loitou ata o final, pero atopouse cun Estudiantes acertado en ataque e que sentenciou o partido en defensa, cortando de raíz calquera simulacro de remontada visitante no Anexo.

Próxima xornada
A Primeira División cadete párase a próxima xornada polas concentracións das seleccións galegas, polo que Estudiantes volverá á competición en Culleredo o próximo día 20 de outubro.

También puedes leer!

Galicia volve a ser un reino celeste

Estudiantes exerceu a súa condición de favorito recuperando o título da Copa Galicia júnior masculina

Más...

A defensa guiou ao Ensino

Os oito puntos encaixados na primeira parte foron claves no debut ante BBCA

Más...

Estudiantes tivo contra as cordas a todo un Celta

As olívicas renovaron o título da Copa Galicia Júnior con moito máis suspense do esperado. As de Fernán Varela alzáronse

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu