Hierros repite os mesmos erros

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

Os capitalinos non souberon administrar a renda de oito puntos coa que foron ao descanso ante Baxi Ferrol, caendo nun partido similar ao da pasada xornada

 

HIERROS FERREIRO 73 – BAXI FERROL 84

Hierros Ferreiro non acaba de tomarlle o pulso á Copa Primavera júnior. Os capitalinos deixaron escapar este sábado no Anexo a posiblidade de lograr a primeira vitoria da competición. Tras as malas sensacións do primeiro partido, os capitalinos parecían reencontrarse consigo mesmos, defendendo e anotando en contraataques aínda que a falta de acerto no tiro exterior e nos tiros libres minimizase a renda coa que chegaron ao descanso, 42-33.
Sen embargo, o cambio defensivo de Baxi Ferrol, que na segunda metade saíu cunha zona press a todo o campo, empezou a poñer en apuros ao equipo lucense, no que reapareceron as pérdidas de balón da primeira xornada do torneo. Así, os ferroláns conseguiron no terceiro periodo un parcial de 9-25 co que lograron darlle a volta ao marcador. A distancia non era insalvable, pero os erros no tiro exterior e a falta de intensidade defensiva deixou sen opcións a Hierros, que volveu ceder o último parcial, 22-26.
Os capitalinos visitan a BBCA na derradeira xornada do torneo.

 

“Tenemos que intentar que el poco acierto en ataque no condicione nuestra defensa” ÓSCAR ENGROBA H. Ferreiro

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu