Hierros remata o curso con boas sensacións

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal

Pese á derrota, os de Engroba competiron de poder a poder ante un aspirante ao ascenso

BASQUET CORUÑA 76 – HIERROS 64

Aínda que os capitalinos non conseguiron encontrar o seu mellor baloncesto na segunda fase, sí que puideron cerrar a temporada recuperando sensacións pese a perder na Coruña ante Basquet Coruña.
Os campións provinciais puxeron a intensidade dende o primeiro momento, sobre todo en defensa para impoñerse no rebote. Aínda así, as concesións por pérdidas de balón daban opcións de contraataque aos herculinos, que se foron ao descanso cunha vantaxe de 19 puntos tras impoñerse nos dous primeiros parciais por 20-13 e 22-12.
Tralo paso polos vestiarios Hierros sacou todo o seu carácter. Xogando a un ritmo máis alto para rebotear ben e conseguir transicións rápidas. Así, os de Engroba foron quen de reducir distancias, sobre todo no último parcial no que se impuxeron 16-26 a Basquet Coruña para deixar o resultado final no definitivo 76-64.
Os conxunto capitalino, formado por xogadores de primeiro ano, pon fin a unha temporada na que se proclamaron campións Provinciais cun balance de 8 vitorias e tan só 2 derrotas na primeira fase.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu