Hierros Ferreiro quedouse a soa unha vitoria do soño

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

RUBÉN ENGROBA – Hierros Ferreiro

“Fueron muy superiores en todas las facetas del juego”

PORRIÑO 81 – HIERROS FERREIRO 37

Hierros Ferreiro quedouse ás portas da Liga Galega cadete tras perder nun partido a cara ou cruz ante Porriño.
O encontro, disputado en Santiago, prevíase complicado, pero máis aínda tendo en conta a ausencia de última hora de Julián, que se perderá gran parte da tempada por unha lesión de xeonllo, os problemas físicos de Adrián e sobre todo o potencial dun Porriño con xogadores próximos aos dous metros de estatura e unha rotación de 12 xogadores similares.
Todo isto viuse reflectido na pista dende os primeiros minutos, nos que PBB tomou as rendas e non deixou que os lucenses anotasen ata o tramo final do primeiro cuarto, pechándoo cun parcial de 18-4.
A presión de Porriño tras canastra era unha constante e a Hierros custáballe un mundo poder chegar a campo rival con opcións de tiro. Con todo, cando eran capaces de atacar tras varios pases, os de Rubén Engroba igualaban un pouco as forzas, pero cun segundo parcial de 26-15 o marcador foise ata o 44-19 ao descanso.
Lonxe de baixar os bazos, Hierros demostrou o carácter que lles levou ata a última rolda desta fase de ascenso, disputando o seu mellor parcial no terceiro cuarto, no que competiron de poder a poder e tan só cederon polo gran acerto de Porriño no tiro exterior, 16-12
Con todo visto para sentencia Hierros competiu ata o final ante un rival superior, pero deixou claro que é o gran favorito para alzarse co título Provincial e a final de tempada esperan volver ter unha nova oportunidade para dar o salto de categoría.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu