Hierros deixou escapar o triunfo

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

As perdas de balón penalizaron aos de Óscar Engroba no seu debut na Copa Primavera ante Narón, que se impuxo por só tres puntos de diferenza

 

HIERROS 61 – NARÓN 64

Hierros Ferreiro non estivo fino no seu debut na Copa Primavera, na que estreou o sábado.

Os de Óscar Engroba medíronse no Anexo a un Baloncesto Narón que aproveitou das numerosas perdas de balón dos locais e acabou levando o triunfo.
Os coruñeses, fisicamente superiores aos lucenses, dominaron o rebote ofensivo, anotando moitos puntos en segundas opcións durante o prmeiro periodo, que rematou cun parcial de 16-22.
Pero foi no segundo cuarto cando as imprecisións lles empezaron a facer máis dano aos de Engroba, que cun recital de pérdidas desperdiciaron ataque tras ataque acabando o segundo periodo con só catro puntos anotados.
O paso polos vestiarios sentoulles ben aos lucenses que, na volta á cancha, pecharon mellor o rebote e estiveron acertados nos tiros de tres contra a zona dos locais chegando a empatar o encontro a falta dun minuto e medio para o final. Nos últimos tres ataques apareceron de novo as imprecisións evitando que a remontada puidese culminarse.
Hierros Ferreiro volverá xogar na casa na segunda xornada da competición na que se medirá ao Baxi Ferrol. O terceiro duelo será contra BBCA.

 

“Cometiendo tantas pérdidas de balón, imposible tener opciones de ganar” ÓSCAR ENGROBA Hierros

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu