O derbi entre Hierros e Be One sáldase coa vitoria dos de Engroba, que están a 40 minutos do ascenso

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

RUBÉN ENGROBA – Hierros Ferreiro

“Hemos dado una gran versión en la primera parte, necesaria para ganar a un muy buen equipo”

RUBAL – Be One Ribadeo

“Gañou o equipo máis motivado”

HIERROS FERREIRO 61 – BE ONE RIBADEO 54

Hierros: Juan 4, Adrián 5, Miguel, Mario, Julián 13, Martín 15, Pablo, Mateo, David, Dani 22.

Be One:  Iker 17, Mario, Javi 6, Pablo 7, Gautama 22, Carreira 2, Adrián Pardo.

A sorte quixo que a última xornada desta fase previa da Fase de Ascenso cadete deparara un derbi a vida ou morte entre Hierros Ferreiro e Be One Ribadeo: o que perdera quedaba fóra da loita por unha praza na Primeira División cadete masculina.

Ambos equipos coñecíanse ben de tempadas anteriores e coñecían os puntos débiles de cada un. Hierros partía coa pequena vantaxe de ter o factor campo a favor, mentres que Ribadeo acusaba as baixas que lastraron a súa actuación na fase; pese a iso o encontro foi igualado en todo momento e non se decidiu ata os últimos minutos.

Os de Engroba golpearon primeiro no cuarto inicial, 11-7, cunha boa defensa sobre os xogadores clave mariñaos  pese a que o ritmo anotador era baixo. O peso do xogo no segundo cuarto seguía marcado polos lucenses, que comezaron a acertar no tiro exterior pouco antes do descanso, disparando as diferenzas no electrónico ata os trece puntos, 35-22.

Todo cambiou na segunda metade, cando Gautama asumiu os galóns para Be One e resultaba imparable ante a defensa dos de Engroba, que acusaron tamén a lesión de Julián. Os ribadenses colocábanse a cinco puntos no último cuarto grazas á defensa en zona e a contraataques, pero varios roubos de balón dos locais nos últimos minutos e a acumulación de faltas dos mariñaos non lles permitiron consumar a remontada, pechándose o partido co 61-54 favorable a Hierros Ferreiro.

A fin de semana do 7 de Outubro o conxunto de Rubén Engroba ten a cita definitiva ante PBB en Porriño. Dese encontro sairá un novo equipo de Primeira División cadete que se sumará a Novobasket, Rosalía e Maristas Coruña -primeiros de grupo e xa coa praza asegurada- e a outros dous que sairán dos encontros entre Estudiantes – Artai e Seis do Nadal – Basquet Coruña. Pola súa banda Be One Ribadeo loitará  dende a Liga Provincial unha tempada máis por acadar o ascenso.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu