Gran versión nun complicado debut para Ensino

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“Un gran partido disputado por un grupo de jugadoras increíble”

ARXIL 64 – ENSINO 49

O Cafés Candelas Ensino ofreceu unha gran imaxe no primeiro encontro da segunda fase, no que as de Adrián González visitaron a pista do mellor equipo deste grupo. Un Arxil con xogadoras moi físicas e que, pese a quedarse ás portas da clasificación para o Galego, é un conxunto con potencial para estar no grupo A.
Pese a iso, as lucenses plantaron cara cun gran traballo defensivo desde o inicio e cun xogo colectivo en ataque que provocaba un goteo constante de puntos. Todo iso viuse reflectido no 15-15 co que finalizou o primeiro parcial e co 15-18 do segundo ,que deixaba ao Ensino por diante no marcador ao finalizar a primeira parte, 30-33, tras un segundo parcial no que as lucenses pelexaron por cada balón e deron o máximo en cada acción defensiva.
Xa na segunda parte o esforzo lucense continuou sendo de mérito, pero co paso dos minutos o físico das locais íase impoñendo ata pechar o terceiro parcial cun 16-8 co que Arxil chegou con máis cinco aos últimos dez minutos.
Un bo inicio de último cuarto das locais fixo que se fosen no marcador cunha diferenza insalvable para o tempo que quedaba, pero iso non eclipsou o gran partido, sobre todo en compromiso, que realizou o Ensino en Pontevedra.
Porriño será o próximo rival das de Adrián González no primeiro partido no Anexo nesta segunda fase.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu