Gran reacción celeste tralo primeiro revés

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

Estudiantes impúxose con autoridade a un Basquet Coruña moito máis físico, dando carpetazo á derrota da pasada xornada ante Obradoiro en Santiago

Estudiantes reaccionou da mellor forma posible a unha derrota, volvendo á senda da vitoria con autoridade no seguinte encontro.
Os de Javi Peinó recibiron a un Basquet Coruña no Anexo moi físico, superando aos celestes en centímetros, pero Estudiantes cando moveu rápido o balón en ataque, despegou no marcador.
Na posta en escena xa se viu que os lucenses tiñan ganas de competir tras quedarse ás portas da vitoria en Santiago ante Obradoiro a pasada xornada, e cun parcial inicial de 12-2 obrigaron ao adestrador herculino a pedir un tempo morto para cortar a sangría.
O primeiro parcial finalizou con 16-7 e ao comezo do segundo Basquet Coruña achegouse aínda máis no marcador, pero no tramo final da primeira parte Estudiantes volveu pisar o acelerador cunha boa circulación de balón para chegar ao descanso con 39-23 no marcador.
A distancia no electrónico propiciou un exceso de relaxación ao comezo da segunda parte na que Estudiantes foi máis individual en ataque e concedeu demasiado en defensa, encaixando 22 puntos no terceiro cuarto, practicamente os mesmos que en toda a primeira parte.
Con todo, antes de que Basquet Coruña soñase con poder meterse na loita polo partido, os de Javi Peinó recuperaron o xogo alegre e de pases en ataque á vez que a defensa subiu un punto de intensidade para terminar impoñéndose con autoridade tras un último parcial de 26-12 que deixou o marcador final en 81-57.
Estudiantes descansa a próxima fin de semana, pero tralo parón despedirá o 2018 ante Instituto Rosalía nun duelo directo no alto da clasificación da Liga Galega cadete masculina.

“Tenemos que seguir mejorando aspectos del juego” JAVI PEINÓ  Estudiantes

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu