Gran partido ante un dos aspirantes

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

CB Ribadeo plantou cara a Culleredo para finalizar unha fase na que foron de menos a máis

CULLEREDO 54 – CB RIBADEO 47

A derrota non empaña o bo encontro que realizou o conxunto mariñao na cancha do segundo clasificado, que no encontro en Ribadeo se impuxera por 33-105.
Desta volta os de Rubal, pense a contar tan só cun xogador de recambio, deron guerra na cancha dun dos aspirantes ao ascenso para despedir da mellor forma posible ao adestrador mariñao, que a próxima temporada non estará ligado ao baloncesto.
Ante un equipo de talla superior o CB Ribadeo plantou cara nun encontro equilibrado que se decantou nos últimos intres para os locais.
Pese a perder o primeiro cuarto 17-10, a partir de aí os mariñaos deron un paso adiante -6-15 no segundo parcial para chegar ao descanso con 23-25-.
Na segunda metade KFC Culle aproveitou o seu acerto dende longa distancia para impoñerse no terceiro parcial. CB Ribadeo non baixou os brazos e deu guerra ata o último momento. Así, os de Rubal impuxéronse no último cuarto 7-12, aínda que non foi suficiente para levarse un triunfo que os herculinos tiveron que traballar ata o último minuto do encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu