Gran inicio cunha gran rúbrica final do Ensino

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

O Cafés Candelas Esnino impúxose na Coruña nun partido moi completo por parte do conxunto que dirixe Adrián González, que ademais encheu o depósito de confianza para encarar os próximos compromisos.
Ensino tivo unha brillante posta en escena, especialmente en defensa cunha gran intensidade e un bo xogo colectivo en ataque que non tardou en verse reflectido no marcador co 7-20 co que finalizou o primeiro parcial.
A esperada reacción local chegou no segundo cuarto no que as herculinas, cun gran acerto no tiro, intentaron exprimir as súas opcións de meterse no partido, asinando un parcial de 20-14 que deixaba o marcador en 27-34 ao descanso.
O Ensino tivo que poñerse o mono de traballo, sobre todo cando Maristas se colocou a só catro puntos no marcador. Foi entón cando as lucenses sacaron a súa mellor versión para dar un paso á fronte, aguantar as embestidas locais e saír airosas co 17-21 do terceiro parcial que deixaba a diferenza en 11 puntos de cara aos últimos dez minutos.
No último cuarto Estudiantes non quixo sorpresas, tomou as rendas do partido e cun bo baloncesto atopou as súas mellores sensacións para poñer fin á resistencia herculina con autoridade ata levar o marcador ao 54-71 final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu