Golpe de autoridade do Ensino cadete cunha gran remontada en Ferrol

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

AIGOR ROMO – Ensino

“Sabiendo sufrir como equipo los cuarenta minutos logramos la victoria”

BBCA 46 – ENSINO 49

O Cafés CandeLas Ensino xa é o único equipo invicto do Grupo Norte da Liga Galega cadete feminina. As lucenses viaxaron a Ferrol para medirse cun Praia do Vilar que tamén sumaba por vitorias todos os seus encontros, polo que se esperaba un duelo de altos voos que non defraudou.
As locais empezaron cunhas porcentaxes de acerto moi altas no tiro, polo que tomaron o mando desde os primeiros minutos cun parcial inicial de 16-7 no primeiro cuarto.
No segundo continuou o acerto local, pero Ensino non se quedou atrás, de aí a que se visen dez minutos nos que os ataques impuxéronse ás defensas, 15-17 para chegar ao descanso con 31-24 no marcador.
Xa na segunda parte os dous equipos subiron o ton defensivo á vez que os nervios empezaban a ser determinantes. O 9-9 do terceiro parcial deixaba a diferenza a favor das ferrolás en máis 7 de cara aos últimos dez minutos.
No último cuarto o Cafés Candelas Ensino demostrou no momento xusto todo o seu potencial defensivo, ofensivo e táctico para darlle a volta a un partido que tiñan moi costa arriba.
Ao final, vitoria lucense tras remontar os sete puntos en contra no último cuarto cun parcial de 6-16.

Derbi
Na próxima xornada o Ensino medirase co Estudiantes nun agardado derbi capitalino.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu