Gañou Estudiantes e o basket provincial

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

Os capitalinos asinaron a vitoria no terceiro parcial, 28-13. Na outra media hora viuse un derbi espectacular

Estudiantes impúxose no derbi provincial da Liga Galega infantil masculina. Os de Àngel Riobóo volveron ter na súa profundidade de banquiño a súa mellor arma ante un gran Burela que vendeu moi cara derróta, pero que foi castigado no terceiro cuarto cun parcial que desnivelou o encontro por completo, 28-13.
Ata entón o partido empezara con moita intensidade pero pouco acerto. Burela levou a iniciativa no marcador nun primeiro cuarto no que colapsou a Estudiantes en ataque, 9-11, mentres que no segundo parcial, aos poucos o conxunto celeste foi impoñendo un ritmo máis alto e empezou a dominar o rebote, en parte grazas á lesión do mariñao Diego. Con empate a 17 no marcador no ecuador do segundo parcial, Burela mantiña unha resistencia que levou ata o descanso, con empate a 22 no electrónico.
A clave do encontro chegou ao comezo da segunda parte. Estudiantes, máis fresco e con once xogadores aportando en todas as facetas do xogo puido impoñer un ritmo que descolgou a Burela, que tamén perdeu por lesión a Joaquín, cun parcial de 7-0 no primeiro minuto e que se alargou ata un 15-0 en tan só catro minutos de xogo do segundo tempo.
Estudiantes puxo rumbo fixo cara á vitoria, pero Burela, lonxe de deixarse levar, sacou forzas de fraqueza e volveu ser competitivo sobre a pista. Con Antón ao mando, autor de 17 puntos, conseguiu que a diferenza non aumentase e ata os de Manolo Cobas conseguiron impoñerse no último cuarto, 15-18, para deixar o marcador final en 65-54 no Anexo.

“Vamos a finalizar la primera vuelta con los deberes hechos deportivamente hablando y con buenas sensaciones en             el día a día”ÁNGEL RIOBÓO  Estudiantes Lugo

“Un mal tercer cuarto condicionó el resultado final en este encuentro”MANOLO COBAS  Academia A Mariña Burela

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu