Galicia volve a ser un reino celeste

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal grande

Estudiantes exerceu a súa condición de favorito recuperando o título da Copa Galicia júnior masculina

Estudiantes volve reinar na Copa Galicia júnior masculina. Os celestes cederon o trono nas dúas últimas tempadas nas que non chegaron mesmo a disputar a final. Pero a tempada 2018/2019 xa se empezou a escribir con outro guión.
Nas semifinais os de Marcos López medíronse a Bosco Salesianos. Un partido que como todos os do debut nunha fase final estivo marcado de inicio polos nervios e as imprecisións. O maior problema para os celestes radicaba no rebote, xa que concederon moitas segundas opcións a un Bosco que grazas a iso mantíñase no partido, 24-18 ao final do primeiro cuarto.
Co paso dos minutos Estudiantes parecía que tomaba o mando, pero os ourensáns resistíanse a perder corda no encontro, e cun segundo parcial de 21-20 chegouse ao descanso cun axustado 45-38.
No intermedio Marcos López conseguiu axustar ao seu equipo, especialmente á hora de pechar o rebote defensivo, unha faceta que empezaron a dominar, e con iso puideron correr e abrir oco no marcador con rápidas transicións.
O 26-18 co que finalizou o terceiro cuarto selaba practicamente o pase á final, pero nos dez últimos minutos Estudiantes cargou o deposito da confianza para a final cun bo baloncesto para deixar o marcador final en 94-73.

Final ante COB A final máis esperada produciuse. Estudiantes, aínda coa espiña cravada por un COB que a tempada pasada apeounos do Campionato de España, empezou o encontro con exceso de relaxación en defensa e con precipitación en ataque.
COB aproveitou para asinar un primeiro parcial de 6-16, o que propiciou un tempo morto de Marcos López co que chegou unha inmediata reacción estudantil, pechándose o primeiro cuarto con 28-24. A dinámica ascendente xa non se detivo, 28-16 no segundo cuarto e un irresistible terceiro parcial, 34-21, co que sentenciaron a final cunhas rotacións de moita calidade ante un COB que se viu claramente superado por un Estudiantes que recupera o seu trono na Copa Galicia, manda un aviso aos seus rivais e demostra que quere recuperar tamén o título de Liga esta tempada.

También puedes leer!

A defensa guiou ao Ensino

Os oito puntos encaixados na primeira parte foron claves no debut ante BBCA

Más...

Estudiantes tivo contra as cordas a todo un Celta

As olívicas renovaron o título da Copa Galicia Júnior con moito máis suspense do esperado. As de Fernán Varela alzáronse

Más...

Ilusionante debut do Estudiantes masculino

Frenético ritmo de xogo dos de Javi Peinó no Anexo que de mantelo, esta xeración volverá ser aspirante a

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu