Galén quedou ás portas da remontada cunha gran reacción no último cuarto

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

AMIR TABOADA – Galén Ensino

“Cabeza alta por lo que luchamos y a seguir trabajando y aprendiendo”

GALÉN ENSINO 65 – BASKET FERROL 69

Derrota amarga para Galen Ensino que, tras as concesións do segundo e terceiro cuarto, reaccionou e, a menos dun minuto para o final, púxose en vantaxe para gañar o partido ante Basket Ferrol.
Os ensinistas non conseguiron impoñer o seu ritmo ata este último período. Os ferroláns tiveron moitas opcions para correr contraataques, e aproveitáronas para ir acumulando renda no marcador ata os 12 puntos cos que encararon os derradeiros dez minutos. Pero a loita e entrega do equipo local neste último período puido cambiar o signo do partido. Apertando e presionando en defensa, os ensinistas foron recortando distancia ata poñerse un punto por riba a menos dun minuto para o final do encontro. Os de Amir Taboada fixeron o complicado, pero remar en contra do marcador durante todo o partido sobrecargou demasiado aos xogadores que, nos últimos compases, non tiveron a templanza necesaria para tomar as decisións correctas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu