Galén Ensino segue a folla de ruta trazada e están a unha vitoria da clasificación á segunda fase

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

AMIR TABOADA – Galén Ensino

“El equipo está dando ese pasito adelante en actitud, concentración en los objetivos y esfuerzo defensivo”

GALÉN ENSINO 66 – CALASANCIAS 54

Oitava vitoria de Galén Ensino, que se impuxo a Calasancias colocándose a un só triunfo de asegurar a cuarta praza, con tres partidos por disputar, o primeiro, a última hora da tarde de onte ante Estudiantes.
A actitude defensiva e a solidariedade en ataque foron claves na resolución do partido. ante un rival que non llelo puxera fácil na ida, 57-61.
O encontro comezou ao ritmo que quixo o equipo de Amir Taboada que, cunha sólida defensa a todo campo e correndo contraataques, rematou o primeiro cuarto dez puntos por riba, 13-23. No segundo período Calasancias endureceu a defensa e o encontro comezou a atascarse para os locais, que perderon varios balóns e non puideron correr con tanta fluidez. Con todo, o traballo defensivo permitiulles volver acabar por diante, 14-13, e ir ao descanso con 11 puntos de renda.
Tras o paso polos vestiarios, os lucenses trataron de volver á senda marcada no primeiro cuarto, roubando moitos balóns, cumprindo en rotacións e axudas, e resolvendo con eficacia os contraataques e as accións en estático. Así, lograron un parcial de 17-10 que deixou o partido visto para sentencia.
Aínda que no inicio do último cuarto Calasancias quixo apurar as súas opcións de reengancharse ao encontro, os locais conseguiron controlar axiña a situación e desactivar calquera intento de remontada dos coruñeses, rematando sen apuros un partido complicado e trabado que sacaron adiante.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu