Galén Ensino loitou pola remontada nun encontro complicado

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

AMIR TABOADA – Galén Ensino

“Enhorabuena al equipo por haber competido acorde a los objetivos y siendo valientes durante todo el partido”

MARÍN 62 – GALÉN ENSINO 56

Galén Ensino quedou ás portas de remontar un partido que perdía por dez puntos ao descanso, ante un rival, Marín Peixegalego, que xa lles gañara na ida no Anexo.
Despois duns bos minutos iniciais trabados por parte dos dous equipos, os erros no balance defensivo pasáronlle factura aos lucenses, que si estaban cumprindo en ataque, 32-22.
Na segunda metade o equipo saíu á pista coa lección aprendida no plano defensivo e, malia as dificultades para anotar en ataque posicional, lograron reengacharse de novo ao encontro con recuperacións e contras, e acerto no tiro exterior, 13-16.
O equipo seguiu crendo nas súas opcións e tirou de garra para igualar o partido no inicio do último periodo. Sen embargo, tras lograr o máis complicado, algunhas decisións equivocadas nas últimas posesións impedíronlles conseguir o premio da vitoria final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu