Galén Ensino gaña e convence

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino, Principal

AMIR TABOADA – Galén Ensino

“Enorme actitud, humildad, sacrificio y esfuerzo de todo el equipo para volver a disfrutar jugando y compitiendo”

BASQUET CORUÑA 61 – GALÉN ENSINO 67

Vitoria das que fan equipo para Galén Ensino na Coruña, nun partido que os lucenses encararon moi ben e no que, grazas ao esforzo e traballo de todo o persoal, puideron sacar adiante por encima dos nomes propios.
Nos primeiros minutos Galén o bordou en ataque, sen abusar do bote e con moitísimo dinamismo conseguiu atopar tiros liberados para tomar as primeiras vantaxes no marcador, 13-18.
No segundo parcial aos lucenses custoulles máis, sobre todo defender os uns para uns e atacar a zona herculina. Pero co paso dos minutos atoparon vías para saír adiante e terminar a primeira parte con vantaxe e boas sensacións, 31-38.
Na segunda parte os locais esgotaron as súas opcións cunha gran posta en escena coa que se puxeron por diante 48-47 a falta de dez minutos, nos que cando peor pintaban as cousas, apareceu a mellor versión de Galén Ensino.
Pese á desvantaxe física, o pundonor lucense fixo que dominasen os un para un, defendesen a zona e pechasen o rebote ben, ademais de atacar con pases e soltura para anotar con fluidez e desnivelar o marcador ao seu favor cun ultimo parcial de 13-20.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu