Galén Ensino asegurou a cuarta praza na coruña

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino, Principal

AMIR TABOADA – Galén

“Enhorabuena a todo el equipo, que realizó un gran partido desde la defensa y la concentración”

MARISTAS 17 – GALÉN 67

Galén Ensino selou a súa clasificación para a segunda fase cunha ampla vitoria sobre Maristas Coruña.
Os de Amir Taboada chegarán á última xornada coa cuarta praza asegurada despois de realizar un bo partido na Coruña, onde se pechou a acta no terceiro cuarto, cando a diferenza chegou aos 50 puntos.
Conscientes do que se xogaban, os lucenses comezaron o partido con moita intensidade e concentración defensiva, roubando moitos balón e correndo contraataques. O encontro xogouse ao ritmo que quixeron os de Amir Taboada que pecharon o primeiro periodo cun parcial de 5-25.
No segundo cuarto mantiveron o bo criterio á hora de atacar, mellorando aínda máis a súa anotación, 8-32.
Lonxe de caer na relaxación, á volta dos vestiarios o equipo mantivo a intensidade defensiva e a velocidade en ataque, afinando a posta a punto para a segunda fase .

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu