Galén despide o ano do debut galego ante Sigaltec

En Preinfantil, Preinfantil Masculino

AMIR TABOADA – Galén Ensino

“Sólo puedo felicitar a todo el equpo por el trabajo hecho durante el año y por cómo compitieron en esta temporada tan dura. Estoy muy orgulloso y agradecido”

SIGALTEC 69 – GALÉN 55

Galén Ensino despediu a súa primeira temporada na Liga preinfantil galega en Vilagarcía. Os de Amir Taboada non puideron poñerlle o peche á competición cunha vitoria, nun día no que a entrega e sacrificio en defensa non foi abondo para compensar a súa falta de acerto en ataque.
O partido complicóuselles de inicio, cun primeiro parcial en contra, 15-10, cando aínda non conseguiran tomarlle o pulso ao encontro.
No segundo cuarto, os lucenses reaccionaron, cun maior esforzo defensivo que lles permitiu correr máis contraaques e xogar a máis ritmo, no estilo no que se sinten máis cómodos. Así, conseguiron recurtar distancia antes do descanso cun parcial de 14-16.
Tras o paso polos vestiarios, o desacerto en ataque impediulles seguir limando diferenzas, pero o parcial de 16-12 dáballes aínda posiblidades de seguir competindo polo partido nos últimos minutos.
No entanto, a sorte de cara a canastra non cambiou e o desgaste físico pasoulles factura, propiciando que o rival se fose no marcador.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu