Galén chegou moi xusto ao final do encontro ante Montrove

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

AMIR TABOADA – Galén

“Orgulloso por el trabajo del equipo pero dolido por la derrota. Debemos ser más regulares”

MONTROVE 70 – GALÉN 60

Desta volta Galén Ensino non puido con Montrove. Os ensinistas saíran victoriosos do partido da primeira volta no Anexo, pero o pasado sábado a irregularidade e, nos últimos minutos, o desgaste físico, pasou factura aos de Amir Taboada.
Os lucenses comezaron o partido con moito ritmo e un gran xogo pero a mediados do primeiro cuarto a intensidade baixou e o equipo foi entrando nunha dinámica de frustración e ansiedade que lle deu vantaxe ao Montrove. No entanto, antes do descanso, Galén Ensino comezou a dar síntomas de mellora e a recortar distancias marchando ao descanso cun 37-32.
No terceiro cuarto o partido mantívose equilibrado pero, a medida que pasaban os minutos, o desgaste que lles supuxo ir a remolque gran parte do encontro e a acumulación de faltas, on lles permitiu manter o ritmo do Montrove.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu