Galén apelou á forza do grupo ante Allariz

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino, Principal

AMIR TABOADA – Galén Ensino

“Partido de rachas en el que competimos gracias a una buena defensa en la segunda parte y al juego coral en ataque”

GALÉN 64 – ALLARIZ 53

Galén Ensino despediu o curso como local cunha vitoria tras impoñerse a Allariz no Anexo, onde os de Amir Taboada exhibiron a súa fortaleza como grupo, tanto en defensa como en ataque, para poder remontar unha renda de ata 12 puntos coa que mandaban no marcador os visitantes na primeira parte.
Galén foi de menos a máis, xa que lle custou meterse en dinámica de partido, sobre todo en ataque ao perder demasiados balóns, pero a defensa estivo a bo nivel e froito diso o primeiro parcial pechouse cun axustado 12-15. A diferenza ampliouse no segundo, chegando a poñerse Allariz con máis 12. A partir de aí a reacción foi fantástica por parte local, e ao descanso chegouse cun só punto de vantaxe para Allaríz, 27-28.
Na segunda parte Galén controlou os un para un e o bo movemento de balón empezou a romper con claridade a defensa visitante, 22-15 no terceiro cuarto, co que culminaron a remontada e selaron a vitoria nos últimos dez minutos, nos que malia acusar o esforzo, conseguiron impoñerse por 15-10 e deixar o marcador final en 64-53.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu