O futuro do baloncesto de toda a provincia está en boas mans

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino, Principal

JOSE CASTRO – Estudiantes

“Este equipo finaliza la temporada invicto gracias al gran esfuerzo defensivo colectivo”

SAMA – Be One

“Competir toda la liga únicamente con cinco jugadores del 2004, que llevan juntos desde benjamines, apoyados por tres alevines y, aún así, quedar quintos de Galicia, tiene un mérito enorme”

ESTUDIANTES 69 – BE ONE 47

A Liga Galega preinfantil tivo o mellor colofón posible cun derbi entre Estudiantes e Be One que deixou claro que o futuro do baloncesto lucense está garantido. Os celestes lograron un triunfo que lles permitiu rematar a competición invictos ante un Ribadeo que, como fixo durante toda a tempada, compensou a falta de rotacións cun enorme esforzo por parte dos xogadores.
O encontro no Anexo comezou cun primeiro cuarto frenético en ataque por parte dos dous equipos, con moi boas canastras tanto en transición como en estático, e algo máis frouxo en defensa, onde se concederon moitos espazos polos dous lados, 20-20.
No inicio do segundo período os ribadenses lograron unha renda de seis puntos, con varios tiros cerca do aro, pero Estudiantes reaccionou antes de que os visitantes se foran no marcador, e cunha defensa máis intensa, lograron darlle a volta ao marcador e ir ao descanso cun parcial de 19-12.
Á volta dos vestiarios, os de Jose Castro mantiveron o esforzo defensivo, unha das claves da súa gran tempada, e acabaron desnivelando a balanza, 16-2. Contribuíu o apagón ofensivo do Ribadeo neste terceiro período en que os minutos se ían acumulando sobre as pernas duns xogadores que, apenas 24 horas antes, xogaran un partido de gran esixencia física ante o Porriño.
No último cuarto Estudiantes xogou co marcador, con máis pausa en ataque e sen descoidar en ningún momento a defensa ante un Ribadeo que igualou o parcial, deixando unha moi boa imaxe, pero que non puido recortar a diferenza final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu