A forza do grupo guiou ao Ensino nos peores momentos na Coruña

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

AIGOR ROMO – Ensino

“Orgulloso de todas las jugadoras por el gran esfuerzo que han realizado”

BASQUET CORUÑA 42 – ENSINO 51

O Cafés Candelas Ensino volveu á senda da vitoria na Liga Galega cadete feminina tras impoñerse na Coruña a un rival que vendeu cara a derrota pero que claudicou ante o traballo de grupo que fixeron as de Aigor Romo tanto en ataque como en defensa ao longo dos corenta minutos.
O inicio de partido foi clave xa que nel as lucenses tomaron as primeiras vantaxes no marcador, 9-13 no primeiro cuarto e 12-18 no segundo, para chegar ao descanso con máis 10, 21-31.
Ao comezo da segunda parte a igualdade foi máxima cun terceiro cuarto disputado de poder a poder que finalizou cun parcial de 12-13.
Nos últimos dez minutos o Ensino fíxose forte en defensa para evitar calquera tipo de conato de remontada dun Basquet Coruña que se quedou en sete puntos, un máis que as lucenses, pero estas conseguiron levar o partido ao terreo que máis lles interesaba para saír airosas e volver á senda da vitoria na Liga Galega cadete feminina.
Con este resultado, o Ensino quédase con 9 triunfos e 2 derrotas á fronte da clasificación, á espera do que suceda no duelo directo que aprazaron Estudiantes e Rosalía.
Na próxima xornada o conxunto de Aigor Romo recibirá no Anexo ao último clasificado, un Maristas Coruña que tan só suma unha vitoria na presente campaña.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu