Todo foron vitorias locais nesta xornada de Cadete feminino

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

RIBADEO 88 – CELTAS 28

CB SARRIA 65 – TERRÁ CHÁ 35

SAN CIPRIÁN 60 – ESTUDIANTES 40

ENSINO 02 51 – ENSINO 03 32

Ensino 02 e Ría de Ribadeo van marcando distancia no alto da táboa, dando razón ás previsións que os definen como favoritos ao título da categoría.
Ensino 02-Ensino 03
O equipo de Aigor Romo non tivo o mellor día no derbi ensinista, especialmente en ataque, onde teñen os mellores números da categoría, pero aínda así fíxose coa vitoria ante un Ensino 03 moi esixente.
Ribadeo-Celtas
O Ribadeo si mostrou a súa versión máis recoñecible ante Celtas Foz, resolvendo o partido nun primeiro cuarto frenético, con rápidos contraataques e hexemonía debaixo dos aros.
San Ciprián-Estudiantes As mariñás impuxéronse no último cuarto, tras trinta minutos de encontro no que as estudiantís puideron seguir o seu alto ritmo de xogo. No derradeiro período o poderío físico das locais foi determinante.
CB Sarria-Terra Cha
As sarrias decantaron o partido nunha primeira metade en que viron aro con moita máis facilidade que as visitantes, 42-9. Na segunda parte o encontro igualouse.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu