Folla de ruta impecable neste inicio de tempada

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“El equipo está haciendo un gran trabajo, lo felicito por ello”

ESTUDIANTES 67 – CULLEREDO 46

Estudiantes mantén unha folla de ruta impecable en canto a resultados e crecemento como equipo neste inicio de tempada na Liga Galega infantil feminina, na que suman por vitorias todos os encontros disputados.
As de Julia Pena tomaron o mando do partido desde os primeiros minutos. Con todo, as baixas porcentaxes en lanzamentos cómodos a canastra evitaron que despegasen no marcador, cun axustado primeiro parcial de 16-11. Xa no segundo, a falta de intensidade defensiva por momentos e o dominio no rebote ofensivo rival, permitiu a Culleredo segundas e ata terceiras opcións, polo que ao descanso chegouse co partido aberto, 34-27.
No descanso Julia Pena corrixiu os erros do equipo, tanto en defensa como en ataque. Estudiantes tivo máis acerto en ataque, defendeu mellor e pechou mellor o rebote, polo que se foron no marcador cunha renda máxima de 24 puntos par a pechar o partido cun claro 67-46 ao seu favor.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu