O físico compostelán impúxose ao talento no Anexo

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

ESTUDIANTES CAEU ANTE OBRADOIRO-VEDRA nunha Liga Galega na que Ensino Sagrado acariña o pase para a segunda fase

ESTUDIANTES
Estudiantes segue negando calquer tipo de información acerca deste equipo, polo que non se pode realizar unha ficha nin crónica coma a do resto dos equipos da Provincia de Lugo. Os datos que nos chegan son da Federación Galega de baloncesto e dos familiares dos xogadores, que según recoñeceron a esta redacción, os celestes acusaron no marcador final a falta de regularidade ante un conxunto compostelán moito máis físico.
De feito, tras un parcial incial de 12-23, Estudiantes reaccionou cun 26-17 no segundo para chegar ao descanso con 38-40 nunha primeira metade que rematou con mellores sensacións do que indica o marcador.
Coa sensación de que os lucenses tiñan que facer moitos máis méritos que o rival para competir no marcador iniciouse a segunda metade, na que Obradoiro-Vedra puxo terra polo medio cun parcial de 8-21.
Lonxe de deixarse levar ou de baixar os brazos, Estudiantes optou pola vía de seguir competindo e, froito diso, impúxose no último parcial 19-18 pechando un encontro con mellores sensacións do que indica o marcador final.

SAGRADO ENSINO
Os de Rubén Engroba acariñan o pase á segunda fase entre os catro mellores equipos deste Grupo Norte da liga Galega cadete. Unha vitoria máis no últimas tres xornadas daríalle aos lucenses o pase matemático, que xa é virtual.
Na Coruña, a pesar de medirse co último clasificado, Ensino Sagrado era consciente de que se medía a un equipo ben traballado que esixe moito ao longo dos partidos con rotacións curtas. A pesar diso, os lucenses víronse sorprendidos nun primeiro cuarto no que as imprecisións e os erros foron unha constante e tan só Julián, que anotou todos os puntos neste parcial, 17-18, maquillaba o discreto ton visitante nos primeiros dez minutos.
No segundo parcial Ensino Sagrado tratou de poñer terra polo medio no marcador, pero non o conseguiu ante un rival máis enchufado, chegando ao final da primeira parte con 33-38. Na segunda parte Julián maquillou as carencias lucenses terminando o partido con 42 puntos e eclipsando á referencia local, Miguel, xogador de Selección Galega, que sostivo aos locais durante moitos minutos.

 

 

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu