A final soñada feita realidade

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

Estudiantes alzouse co subcampionato nun encontro no que os dous equipos lucenses xa estaban clasificados, pero igualmente deron un impresionante espectáculo no Anexo

 

ESTUDIANTES 52 – ENSINO 43

O partido soñado fíxose realidade. O derbi lucense entre Estudiantes e Ensino sería equivalente a que os dous equipos estarían clasificados para o Campionato de España júnior feminino que se disputará en Avilés, e así foi. Amos impuxéronse nas súas respectivas semifinais e citáronse na gran final.
A priori podería parecer que sería un encontro descafeinado, como fai anos, no que ningún dos dous equipos se xogaba nada, pero iso estaba moi lonxe da realidade, xa que ambos quixeron e buscaron a vitoria para clasificarse mellor de cara ao Campionato de España.
Estudiantes e Ensino deron un espectáculo brillante ata esgotar todas as súas forzas. Co Anexo a rebordar, os dous equipos saltaron á pista a pola vitoria e por momentos esqueceron o cansazo acumulado, especialmente por moitas xogadoras do Ensino que disputaban ás 10:30 da mañá do domingo o seu cuarto encontro nas últimas 42 horas.
A igualdade na primeira parte foi total, 12-11 e 12-10 nos dous primeiros parciais nos que a ambos equipos custoulles moito anotar en primeiras opcións, polo que os puntos chegaron tras rebote en segunda opción ou en tiros libres, onde Estudiantes tivo mellores porcentaxes para chegar ao descanso con vantaxe, 24-21.
Tralo descanso as espadas de ambos equipos alzáronse. Zeltia minimizou os conatos de remontada do Ensino, que da man de Carmen e Maite chegou con vida aos últimos dez minutos, con tan só un punto de vantaxe para Estudiantes.
O Ensino culminou a remontada e chegouse a poñer por diante no marcador. Estudiantes apelou á calma e chegou ao desenlace final coa cabeza máis fría e as ideas máis claras para poñer punto e final á resistencia do Ensino no derbi cun último parcial de 19-11.
Estudiantes e Ensino conseguiron dúas das tres prazas para Galicia no Campionato de España júnior feminino e terminaron o derbi celebrando xuntas a clasificación. A próxima parada para ambos conxuntos será en Avilés, xunto aos mellores equipos de España.

 

“Felicidades a todas. Por suerte tenemos un nuevo reto para disfrutar, así que ahora a cerrar la temporada de la mejor forma posible”FERNÁN VARELA Estudiantes

“Competimos hasta el final de la mejor forma que pudimos. No puedo sentirme más orgulloso y feliz por estas jugadoras”MIGUEL LÓPEZ Ensino

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu