Fin a un curso soñado

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

Sagrado estivo por riba das expectativas da tempada

 

CALASANCIAS 88 – SAGRADO 50

Calasancias foi o derradeiro rival de Sagrado Corazón nunha temporada sobresaínte. Os capitalinos non puideron poñerlle o broche desexado, xa que os coruñeses foron mellores en Riazor.
As baixas supuxeron unha semana máis un hándicap para os de Rubén Engroba, que afrontaron o encontro con sete xogadores e coa destacada baixa de Pablo, unha das revelacións da temporada. A falta de rotacións penalizou aos lucenses que, sen embargo, se mantiveron no encontro con Julián como principal baluarte en ataque, con 35 puntos. Calasancias aproveitou a súa superioridade física para facerse forte nas zonas e apuntarse todos os parciais. No derradeiro, víronse os mellores minutos cara a canastra dos de Rubén Engroba.
Os capitalinos pechan a a temporada satisfeitos polo nivel amosado nunha competición na que, a comezos de ano, non se agardaba por eles. Os de Rubén Engroba gañáronse a praza tras seren campións da Liga provincial con 21 vitorias en 22 partidos cun impecable treito final de competición no que aguantaron a presión de defender o liderado.

 

“No fuimos en las mejores condiciones al no poder cambiar el partido, pero en el global de los 28 encuentros, temporada de 10” RUBÉN ENGROBA Sagrado

También puedes leer!

As campioas despiden a temporada en Ferrol

O aro fíxose pequeno para as xogadoras do CB Burela, que non puideron repetir o resultado da ida ante

Más...

Plantaron cara ao líder

Sagrado mantívose no partido e tivo opcións de vitoria pese ás baixas e á superioridade físca do rival  

Más...

A temporada despídese coa Copa

CB Ría de ribadeo e MGR Sarria quedaron primeiros nos seus respectivos grupos Os dous conxuntos concluíron o torneo

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu