Ferrol saíu con vida do pavillón da Veiga

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

San Ciprián exprimiu aos ferroláns nun encontro que se decidiu a cara ou cruz no tempo extra da prórroga

 

SAN CIPRIÁN 71 – BASKET FERROL 73

Os de Manolo Cobas chegaban á última xornada da fase de ascenso sen nada en xogo e,

pese a iso, lonxe de deixarse ir, disputaron un gran encontro ante o campión de grupo, Basket Ferrol, que se levou a vitoria no tempo engadido.
Aínda que o comezo de partido non foi bo, erráticos nos lanzamentos exteriores e frouxos en defensa, permitindo tiros cómodos e penetracións ao equipo rival, pouco a pouco os mariñaos fóronse asentando na pista e, pese a finalizar o primeiro cuarto 9 abaixo, conseguiron igualar o nivel no segundo cun parcial de 15-15 que deixaba todo por decidir de cara á segunda metade.
Así, tralo paso polos vestiarios, viuse ao San Ciprián aguerrido e consistente que se fixo co título provincial, cunha grande actitude en defensa para remontar con dous grandes cuartos -15-11 e 21-15- e forzar a prórroga tralo 60-60 do tempo regulamentario.
San Ciprián chegou xusto de forzas ao tempo extra, errando en lanzamentos cómodos que podían decantar o encontro ao seu favor, algo que aproveitou Basket Ferrol para levarse finalmente o triunfo e o liderado do Grupo Norte co 71-73.
O conxunto mariñao pecha así una magnífica temporada na que se proclamaron campións provinciais cun balance de 15 vitorias e tan só unha derrota.

 

“Esfuerzo sin recompensa, al perder en la prórroga. Felicito a todos los jugadores por su sacrifiio a lo largo de la competición” MANOLO COBAS San Ciprián

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu