A falta de continuidade no xogo penalizou ao CB Burela en Culleredo

En 1ª División, Preinfantil Masculino

LUIS V. FERNÁNDEZ – CB Burela

“Solo mantuvimos la concentración el primer cuarto”

CULLEREDO 87 – CB BURELA 47

Un bo primeiro cuarto do CB Burela foi insuficiente para facerlle fronte ao todopoderoso Culleredo, o líder invicto do grupo, máis na súa cancha.
Malia a entidade do rival, os visitantes saíron á pista coa intención de plantar cara aos coruñeses. Esta predisposición traduciuse nun bo primeiro período no que xogaron concentrados en ataque e en defensa, para rematar cun parcial de 15-18. No entanto, a partir de aí os burelaos non foron capaces de manter ese nivel de xogo e concentración. O equipo alternou boas xogadas de combinación con outras de desconexión nas que o Culleredo foi aumentando as diferenzas. Así, o segundo periodo rematou cun parcial de 20-8 que deixaba aos burelaos moi lonxe no marcador.
A diferenza seguiu medrando no terceiro cuarto, 27-9, e só unha tímida reacción do CB Burela no último cuarto conseguiu manter a distancia nos 40 puntos.
Mañá, o CB Burela recibe a Estudiantes Lugo no pavillón de Vista Alegre.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu