A falta de acerto deixou sen premio ao Ensino ante Arxil

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“Partido de esfuerzos y carácter con poco acierto al final

ENSINO 47 – ARXIL 54

O Cafés Candelas Ensino viuse superado por Arxil nun partido de poder a poder no Pazo, onde foi clave o dominio no rebote ofensivo das visitantes e a falta de acerto no tiro libre e o lanzamento exterior das lucenses para poder loitar pola vitoria na segunda parte.
De inicio ao Ensino custoulle meterse en dinámica de partido, pero foron de menos a máis, corrixindo co paso dos minutos os erros ata pechar o primeiro parcial con 10-15 no marcador.
Xa no segundo a intensidade defensiva lucense continuou crecendo ata secar por momentos a Arxil. Con todo, o ataque non foi todo o fluído que se esperaba, o desencadeou nun axustado 6-9 que deixaba o marcador en 21-29 ao descanso.
O Ensino aínda non dixera a súa última palabra, e no terceiro parcial as de Adrián González achegáronse no marcador tras empezar a segunda parte vendo aro con facilidade.
Aos últimos dez minutos chegouse con 8 puntos de vantaxe para as visitantes, unha renda que o Ensino intentou neutralizar, pero Arxil castigou o rebote ofensivo, sumando puntos e evitando que as lucenses puidesen loitar pola remontada na recta final dun partido que terminou cun parcial de empate a 16.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu